Inicio > Ruta dos ríos
Características:
Punto de saída: Praza de Irmáns Garcia Naveira.
Puntos de interese: Seis.
Distancia aproximada: 2 Km.
Tempo aproximado: 2 hora.
Neste paseo faremos un percorrido circular dende a praza Irmáns García Naveira. Deste xeito, arrodearemos toda a cidade, trasladándonos aos antigos arrabaldes como o barrio xudeu, o barrio de Unta, a ribeira e o porto.
Os absolutos protagonistas han ser os ríos da cidade: o Mendo e o Mandeo. A maior parte da ruta pasarémola na súa compaña, indo por paseos fluviais, e lembrando algúns dos aspectos que fixeron do río a cerna do desenvolvemento da cidade.
1-Praza Irmáns García Naveira
A praza é o corazón da cidade de Betanzos. Máis coñecida como Praza do Campo ou Campo da Feira, xa atopamos referenza documental a fins do século XIII, na que se outorgaba á cidade a celebración dunha feira. Desde entón celebrase mercado os días 1 e 16 de cada mes.
2-Hospicio de Betanzos-Asilo Manuel Naveira
Trátase dunha das obras sociais financiadas por Manuel Naveira
como asilo adicado a acoller pobres, cegos e xordos.
3-Barrio Xudeu
Este punto de interese non é fixo, senón que se pretende que o visitante pasee polo que queda da xudaría. As rúas estreitas, os carreiros e calexóns, as comunicacións interiores que aínda hoxe poden verse na zona, son as características urbanísticas que nos quedan do antigo barrio.
4-Casas Típicas da Rúa do Pozo e da Rúa da Unta
Toda esta zona das rúas da Cañota, Unta e Pozo eran parte dun barrio de labregos que aproveitaban a cercanía do río para o cultivo das terras próximas. Estas casas de soportais e balcóns coloridos posúen grande encanto e beleza.
5-Desde o Convento das Agustinas Recoletas á Ponte do Ferrocarril
O punto de interese comeza no convento das Agustinas Recoletas e remata na ponte do ferrocarril. Polo paseo, a beira do rio, poderemos ver os vides herdeiras da tradición vinícola de Betanzos, cuxa primeira referenza documental data do ano 1317.
6-A Ponte do ferrocarril
A ponte foi construída para a liña de ferrocaril que une Betanzos con Ferrol en 1905. Aquí conflúen os dous ríos da cidade, o Mandeo, polo que vimos paseando desde a ponte vella, e o Mendo, polo que proseguiremos en diante. Esta zona era antigamente, zona portuaria xa que a Ría de Betanzos era navegable.

