O concello de Betanzos pon a súa disposición unha serie de roteiros coa intención de invitarlle a pasear e coñecer polo miúdo a historia e os monumentos máis importantes da nosa cidade e do noso concello.
Os tres percorridos, ruta do casco histórico, ruta dos ríos e ruta dos arredores, levarannos por empinadas e estreitas rúas, prazas acolledoras, lugares escondidos, regatos saltados por pontes antigas, pazos e igrexas impoñentes.
Nesta páxina vostede poderá descargar gratuitamente unhas guías sonoras en formato mp3, para gardar no seu propio reprodutor e escoitalas na visita a nosa cidade.
Se prefires meter a man os ficheiros no teu reproductor de MP3, tamén podes descarregar:
O roteiro lévanos a visitar os recursos turísticos máis monumentais da
cidade, que teñen un limite espacial común: as antigas murallas medievais. O casco vello de Betanzos
é conxunto histórico artístico dende 1970.
Este
percorrido circular parte da praza Irmáns García Naveira e arrodea toda a cidade, visitando o barrio
xudeu, o barrio de Unta, a ribeira e o antigo porto na unión dos ríos Mendo e Mandeo.
Recoméndase facer en coche, aínda que se o visitante ten vagar tamén o pode
realizar camiñando. Pasaremos por lugares pouco coñecidos polos turistas coma Roibeira, ou a igrexa
de Tiobre, para acabar cunha fermosa panorámica da ría betanceira.